PRÓXIMAS
CHARLAS INFORMATIVAS IMPARTIDAS POLA CASA DO MEL SOBRE A PROBLEMÁTICA
DA VESPA VELUTINA:
-
26/2/2015 - 19 H. LOCAL SOCIAL DE SANTA MARIÑA (SAN SADURNIÑO)
-27/2/2015
- 19 H. LOCAL SOCIAL DE IGREXAFEITA (SAN SADURNIÑO)
- 2/3/2015 - 19 H. LOCAL SOCIAL DE NARAÍO (SAN SADURNIÑO)
- 7/3/2015 - 17 H. CASA DO MEL - GOENTE (AS PONTES)
- 20/03/2015 - 19 H LOCAL SOCIAL A SEARA - FERREIRA (SAN SADURNIÑO)
- 11/04/2015 – 17 H. LOCAL SOCIAL PIÑEIROS (NARÓN)
- 2/3/2015 - 19 H. LOCAL SOCIAL DE NARAÍO (SAN SADURNIÑO)
- 7/3/2015 - 17 H. CASA DO MEL - GOENTE (AS PONTES)
- 20/03/2015 - 19 H LOCAL SOCIAL A SEARA - FERREIRA (SAN SADURNIÑO)
- 11/04/2015 – 17 H. LOCAL SOCIAL PIÑEIROS (NARÓN)
A
VESPA VELUTINA
Trátase dunha
especie foránea, gran depredadora de abellas e outros insectos, polo
que a súa presenza produce unha menor polinización da flora debido
á drástica diminución dos insectos que depreda.
Afecta en boa medida
á produción froiteira, xa que constitúe unha fonte de
carbohidratos en determinados momentos do seu ciclo.
A localización dos
seus niños é moi variada, podendo ser construídos en árbores,
tellados, almacéns etc.
Supón un perigo ás
persoas, xa que se considera igual de agresiva cá avéspora
autóctona, ante unha ameaza ou vibracións a 5 metros do seu niño,
pode atacar en grupo perseguindo ata unha gran distancia.
Dende a Asociación
Casa do Mel imos traballar por facer un frente común entre todos os
sectores implicados, para minimizar os seus efectos.
Propoñemos realizar
unha laboura preventiva de colocación de trampas á saída do
inverno, marzo-abril para capturar o maior número posible de raíñas
e así evitar a proliferación de niños de cara a este verán.
Tamén imos facer
campañas intensivas de divulgación e sensibilización entre os
colectivos afectados e cidadáns en xeral, con fin de que aprendan a
diferencialas das avespas do país e tamén de como comportarse
frente a aparición destes enormes niños.
Para programar
calquer charla informativa sobre esta especie, pode chamar ao
teléfono 661 003 616.
No hay comentarios:
Publicar un comentario