CENTRO DE DIVULGACIÓN APICOLA
Abierto al público sábados y domingos de 16 a 21 h.
Durante la semana concertar visita, grupos de más de 12 personas.
Actividades:
-Visitas guiadas para escolares y público en general.
-Degustaciones de diferentes tipos de miel.
- Cursos de apicultura.
- Información y asesoramiento sobre el mundo de las abejas.
- Talleres de miel, cera, jabones, champús y geles...
- Venta de productos apícolas.
INFORMACIÓN.-Llamando al teléf.- 981102249 - 661003616
E- mail.- casadomel@vodafone.es
Programa das XI Xornadas:
ResponderEliminarXI XORNADAS APÍCOLAS DO EUME
Do 4 ó 9 de OUTUBRO 2010, CASA DO MEL
GOENTE – AS PONTES
Días 4 e 5 de outubro.
Obradoiros de cera e de mel, para escolares na Casa do mel.
■ Extracción e envasado do mel.
■ Elaboración de candeas e flores con cera, distintas cores.
■ Proxección de vídeos apícolas.
■ Programas informáticos nos que se dá a coñece-la vida da abella.
■ Proba do mel con outros produtos da comarca.
Días 6 e 7 de outubro na Casa do mel pola tarde.
III cata de meles. Con diploma de recoñecemento ao mellor mel claro e para o mellor mel escuro.
■ As mostras recolleranse ata o día 20 de setembro na Casa do mel.
■ O mel irá presentado ao concurso en botes de 1000 g baixos sen ningún tipo de etiqueta.
Día 8, de outubro ás 18 h. - Casa do mel
Curso sobre: “As enfermidades das abellas”.
■ Monitor.- Fco. José Orantes Bermejo, Laboratorios Apinevada (Granada). Secretario técnico do Consello Regulador da DOP Miel de Granada.
Esta actividade ten prazas limitadas e hai que apuntarse.
Día 9 de outubro.
10.00 h: Casa do mel, conferencia “A calidade do mel”.
■ Conferenciante.- Fco. José Orantes Bermejo, Laboratorios Apinevada (Granada).
2ª FEIRA DO QUEIXO E DO MEL, ÁS 11,00 h.
Campo da festa – Goente
■ Os primeiros cen compradores de mel serán agasallados con un regalo sorpresa.
■ Concurso de receitas con queixo e mel.
■ Degustación de requeixo, mel e freixós .
■ Exposicións de maquinaria, artesanía, motos, vehículos militares...
INFORMACIÓN.- “CASA DO MEL” OU CHAMANDO TELF.- 661003616
CONCURSO DE RECEITAS CON "QUEIXO, REQUEIXO DA FAEIRA E PRODUTOS DA CASA DO MEL"
ResponderEliminarO vindeiro 9 de outubro de 2010, dará comezo a II Festa do queixo e do mel, en Goente, As Pontes.
Bases do concurso de receitas con queixo e requeixo da Faeira, e produtos da Casa do Mel.
1. Poderán participar tódolos profesionais e particulares afeccionados á cociña que o desexen, sexan residentes ou non no Concello de As Pontes. Tódolos pratos presentados terán como ingredientes principais "queixo, requeixo da Faeira e produtos da Casa do mel"
2. Haberá dúas categorías: profesionais e particulares.
3. Contarase con dúas seccións: pratos salgados e repostería.
4. Os candidatos que queiran participar no concurso terán que comunicalo chamando a Casa do mel Telf.- 661003616 ou no correo electrónico casadomel@vodafone.es antes do 20 de setembro do 2010. Indicando a categoría e a modalidade na que están interesados en participar así como o nome do participante e da receita.
5. Os pratos deberán presentarse en prato ou bandexa aptos para o efecto e nas condicións hixiénicas apropiadas.
6. Cada prato irá acompañado dos datos da persoa que o presenta (nome, apelidos, enderezo e teléfono), o nome do prato e a receita completa do mesmo (ingredientes, modo de preparación, presentación, etc.)e a categoría e sección na que participa (profesionais ou particulares, salgado ou repostería), dentro dun sobre en branco e pechado. Asinarase a cesión da receita a favor do Concello das Pontes e das Asociacións que organizan o concurso. A organización poderá reproducir as receitas que considere convinte en libros ou calquera outra publicación, en soporte papel, electrónico, audiovisual ou calquera outro.
7. A persoa que presenta o prato indicará no momento de entregalo en que categoría e sección participa. A cada prato adxudicaráselle un número no mesmo intre da súa recollida, o mesmo que levará o sobre que o acompañe e que se lle dará á persoa que o presenta. O sobre pegarase no fondo do recipiente presentado.
8. Os pratos presentaranse rematados o día 8 de outubro, antes das 20,00 horas, na "Casa do mel", Goente, As Pontes, e estarán expostos o público na II Feira do queixo e do mel.
9. O xurado valorará de 0 a 10 os seguintes aspectos de cada receita presentada o concurso: presentación , sabor, orixinalidade. Relevancia do queixo, requeixo e mel no conxunto do prato.
10. A receita salgada que obteña a maior puntuación dentro da súa categoría (profesionais ou particulares) será proclamada "Mellor receita salgada II feira do queixo e do mel 2010"
11. A receita de repostería que obteña a maior puntuación dentro da súa categoría (profesionais ou particulares) será proclamada "Mellor receita de repostería II feira do queixo e do mel 2010"
12. PREMIOS: 1º premio de cada categoría: un lote de produtos da Casa do mel e de Queixerías do Eume Todos os participantes recibirán un agasallo
13. O xurado estará composto por cinco persoas, este poderá declarar deserto un ou máis premios. A decisión será inapelable.
14. O incumprimento de calquera punto das bases supón a exclusión do concurso. O feito de participar no concurso supón a aceptación destas bases.