CENTRO DE DIVULGACIÓN APICOLA

Abierto al público sábados y domingos de 16 a 21 h.
Durante la semana concertar visita, grupos de más de 12 personas.
Actividades:
-Visitas guiadas para escolares y público en general.
-Degustaciones de diferentes tipos de miel.
- Cursos de apicultura.
- Información y asesoramiento sobre el mundo de las abejas.
- Talleres de miel, cera, jabones, champús y geles...
- Venta de productos apícolas.
INFORMACIÓN.-Llamando al teléf.- 981102249 - 661003616
E- mail.- casadomel@vodafone.es



sábado, 3 de octubre de 2015

miércoles, 16 de septiembre de 2015

miércoles, 22 de abril de 2015

lunes, 16 de marzo de 2015

A Casa do Mel forma parte da rede nacional de museos apícolas. Todos eles acordaron celebrar os días 21 e 22 de marzo o"Día da abella"
Para festexalo a Casa do mel estará aberta de 16 a 21 h estos días. Haberá degustacións de distintos meles, elaboraremos candeas e ollaremos as nosas anfitrionas na colmea entre outras cousas.
Convidamos a todos a celebralo con nós... vinde o 21 e 22 de marzo a Casa do mel.
A CASA DO MEL FORMA PARTE DA REDE DE MUSEOS APÍCOLAS

lunes, 23 de febrero de 2015

PRÓXIMAS CHARLAS INFORMATIVAS IMPARTIDAS POLA CASA DO MEL SOBRE A PROBLEMÁTICA DA VESPA VELUTINA:

- 26/2/2015 - 19 H. LOCAL SOCIAL DE SANTA MARIÑA (SAN SADURNIÑO)
-27/2/2015 - 19 H. LOCAL SOCIAL DE IGREXAFEITA (SAN SADURNIÑO)
- 2/3/2015 - 19 H. LOCAL SOCIAL DE NARAÍO (SAN SADURNIÑO)
- 7/3/2015 - 17 H. CASA DO MEL - GOENTE (AS PONTES) 
- 20/03/2015 - 19 H LOCAL SOCIAL A SEARA - FERREIRA (SAN SADURNIÑO) 
- 11/04/2015 – 17 H. LOCAL SOCIAL PIÑEIROS (NARÓN)
A VESPA VELUTINA
Trátase dunha especie foránea, gran depredadora de abellas e outros insectos, polo que a súa presenza produce unha menor polinización da flora debido á drástica diminución dos insectos que depreda.
Afecta en boa medida á produción froiteira, xa que constitúe unha fonte de carbohidratos en determinados momentos do seu ciclo.
A localización dos seus niños é moi variada, podendo ser construídos en árbores, tellados, almacéns etc.
Supón un perigo ás persoas, xa que se considera igual de agresiva cá avéspora autóctona, ante unha ameaza ou vibracións a 5 metros do seu niño, pode atacar en grupo perseguindo ata unha gran distancia.
Dende a Asociación Casa do Mel imos traballar por facer un frente común entre todos os sectores implicados, para minimizar os seus efectos.
Propoñemos realizar unha laboura preventiva de colocación de trampas á saída do inverno, marzo-abril para capturar o maior número posible de raíñas e así evitar a proliferación de niños de cara a este verán.
Tamén imos facer campañas intensivas de divulgación e sensibilización entre os colectivos afectados e cidadáns en xeral, con fin de que aprendan a diferencialas das avespas do país e tamén de como comportarse frente a aparición destes enormes niños.
Para programar calquer charla informativa sobre esta especie, pode chamar ao teléfono 661 003 616.