CENTRO DE DIVULGACIÓN APICOLA

Abierto al público sábados y domingos de 16 a 21 h.
Durante la semana concertar visita, grupos de más de 12 personas.
Actividades:
-Visitas guiadas para escolares y público en general.
-Degustaciones de diferentes tipos de miel.
- Cursos de apicultura.
- Información y asesoramiento sobre el mundo de las abejas.
- Talleres de miel, cera, jabones, champús y geles...
- Venta de productos apícolas.
INFORMACIÓN.-Llamando al teléf.- 981102249 - 661003616
E- mail.- casadomel@vodafone.es



sábado, 17 de septiembre de 2011

III FEIRA DO QUEIXO DO EUME E MEL DE GOENTE

1 comentario:

  1. CONCURSO DE RECEITAS CON "QUEIXO, REQUEIXO DA FAEIRA E PRODUTOS DA CASA DO MEL"
    O vindeiro 9 de outubro de 2011, dará comezo a III Festa do queixo e do mel, en Goente, As Pontes.
    Bases do concurso de receitas con queixo e requeixo da Faeira, e produtos da Casa do Mel.
    1. Poderán participar tódolos profesionais e particulares afeccionados á cociña que o desexen, sexan residentes ou non no Concello de As Pontes. Tódolos pratos presentados terán como ingredientes principais "queixo, requeixo da Faeira e produtos da Casa do mel"

    2. Haberá dúas categorías: profesionais e particulares.

    3. Contarase con dúas seccións: pratos salgados e repostería.
    4. Os candidatos que queiran participar no concurso terán que comunicalo chamando á Casa do mel Telf.- 661003616 ou no correo electrónico casadomel@vodafone.es antes do 25 de setembro do 2011, indicando a categoría e a modalidade na que están interesados en participar así como o nome do participante e da receita.

    5. Os pratos deberán presentarse en prato ou bandexa aptos para o efecto e nas condicións hixiénicas apropiadas.

    6. Cada prato irá acompañado dos datos da persoa que o presenta (nome, apelidos, enderezo e teléfono), o nome do prato e a receita completa do mesmo (ingredientes, modo de preparación, presentación, etc.) e a categoría e sección na que participa (profesionais ou particulares, salgado ou repostería), dentro dun sobre en branco e pechado. Asignarase a cesión da receita a favor do Concello das Pontes e das Asociacións que organizan o concurso. A organización poderá reproducir as receitas que considere convinte en libros ou calquera outra publicación, en soporte papel, electrónico, audiovisual ou calquera outro.

    7. A persoa que presenta o prato indicará no momento de entregalo en que categoría e sección participa. A cada prato adxudicaráselle un número no mesmo intre da súa recollida, o mesmo que levará o sobre que o acompañe e que se lle dará á persoa que o presenta. O sobre pegarase no fondo do recipiente presentado.

    8. Os pratos presentaranse rematados o día 9 de outubro, antes das 10,00 horas, e estarán expostos ao público na III Feira do queixo e do mel.

    9. O xurado valorará de 0 a 10 os seguintes aspectos de cada receita presentada o concurso: presentación , sabor, orixinalidade. Relevancia do queixo, requeixo e mel no conxunto do prato.

    10. A receita salgada que obteña a maior puntuación dentro da súa categoría (profesionais ou particulares) será proclamada "Mellor receita salgada III Feira do queixo e do mel 2011"

    11. A receita de repostería que obteña a maior puntuación dentro da súa categoría (profesionais ou particulares) será proclamada "Mellor receita de repostería III Feira do queixo e do mel 2011"

    12. PREMIOS: 1º premio de cada categoría: un lote de produtos da Casa do mel e de Queixerías do Eume. Todos os participantes recibirán un agasallo.

    13. O xurado estará composto por cinco persoas, este poderá declarar deserto un ou máis premios. A decisión será inapelable.

    14. O incumprimento de calquera punto das bases supón a exclusión do concurso. O feito de participar no concurso supón a aceptación destas bases.

    ResponderEliminar